Este blog elaboreino para a materia denominada “Idioma estranxeiro:
francés”, a cal considero moi importante para a nosa formación como futuros
docentes de Educación Infantil. Os idiomas son un tesouro moi valioso, pois
ábrenos moitas portas, non só no ámbito laboral, senón que tamén para
relacionarse coas persoas doutros países e aprender sobre as diferentes
culturas.
Pero hai algo que debemos saber pois para a aprendizaxe dunha lingua
estranxeira existe un período crítico que vai dende que se nace ata a
puberdade, tal e como defenden algúns autores como Lenneberg. Con isto quere
dicir que é máis doada aprender unha lingua estranxeira (segunda lingua) para
un neno/a que para un adulto. Isto débese a que na puberdade establécese a
lateralización cerebral, é dicir, o desprazamento da función da linguaxe ao
hemisferio esquerdo, despois do cal o ser humano xa non é capaz de adquirir
unha lingua coa mesma perfección e nivel de dominio cun neno/a. Pero a idade
non é o único factor que interfire na adquisición dunha linguaxe, tamén hai que
ter en conta o entorno, a motivación, a primeira lingua, as diferencias
cognitivas, etc. (Zimny, 2014)
Un vídeo que
demostra esta teoría é o seguinte;
Bibliografía:
Zimny, A.
(2014). Adquisición y aprendizaje del artículo español por niños y adultos
polacos en el entorno de inmersión. Revista Nebrija. Obtenido de
http://www.nebrija.com/revista-linguistica/adquisicion-y-aprendizaje-del-articulo-español-por-niños-y-adultos-polacos-en-el-entorno-de-inmersion
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire